|
 |
NOVAS |
FINALIZADAS AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN MURO DE CONTENCIÓN NO CASTRO DE LIÑARÁN

O Goberno local do Concello de Sober vén de anunciar o remate das obras de construción dun muro de contención levantado no castro de Liñarán. As obras, que contaron cun orzamento de 20.350 euros, foron financiadas na súa totalidade pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia dentro do Plan de Emerxencias levado a cabo polo organismo autonómico para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais.
O alcalde do municipio soberino, Luis Fernández Guitián, precisou que as actuacións consistiron, en concreto, “no ensanche e construción dun muro de contención de pedra nun punto perigoso da estrada local que comunica as parroquias de Neiras con Liñarán”.
Guitián sinalou tamén que “ao tempo procedeuse á colocación dunha vianda de protección e acondicionouse o firme da estrada para darlle unha maior seguridade á zona”.
O rexedor celebra que a actuación “foi moi ben acollida polos veciños e veciñas da zona e os usuarios que habitualmente transitan por esa estrada”.
|
|
|
|
|
|