|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER AVANZA A BO RITMO NAS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA CONTORNA DA RÚA DA IGREXA, NA CAPITAL DO MUNICIPIO

O Goberno local do Concello de Sober avanza a bo ritmo as labores de urbanización da contorna da Rúa da Igrexa da capital do municipio. Así o explica o alcalde da localidade, o popular Luis Fernández Guitián, quen precisou que estes traballos, iniciados hai uns días, foron subvencionados pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia a través do Plan de Melloras de Infraestruturas Municipais.
O rexedor apuntou que estas obras “contan cun presuposto de 71.895 euros, dos cales o Concello de Sober achega a contía correspondente ao IVE, que supón un montante total de 12.477 euros”.
As obras consisten, en concreto, na renovación por completo do pavimento do entorno da Rúa da Igrexa dende a súa intersección coa Rúa Progreso ata a Rúa Comercio.
Ademais tamén se renovarán as escaleiras de acceso á Rúa da Mina e habilitarase un paseo peonil polo camiño do Sabugueiro ata a estrada de Monforte.
O rexedor avanzou ademais que “as actuacións tamén mellorarán o tráfico rodado coa habilitación de espazos para o aparcamento na zona e, ademais, a Rúa da Igrexa contará tamén cun espazo peonil”.
Guitián salientou a importancia da execución destas obras “que teñen a finalidade de renovar por completo espazos emblemáticos da localidade e pretenden mellorar o día a día dos nosos veciños e veciñas”.
|
|
|
|
|
|