|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER ABRIRÁ AS PISCINAS MUNICIPAIS O VENRES DÍA 1 DE XULLO

O Goberno local do Concello de Sober abrirá ao público as piscinas municipais o día un de xullo, venres. O horario das instalacións será de 13:00 a 21:00 horas.
O prezo das entradas será de 2,50 euros para maiores de 14 anos e de 1,50 euros a entrada infantil, de 6 a 14 anos. Os menores de 6 anos non pagan.
Bonos
A maiores o Concello de Sober pon a disposición dos interesados e interesadas bonos mensuais infantís, individuais e familiares para os que se precisa o certificado de convivencia ou fotocopias de DNI de todos os seus membros. O prezo é de 40 euros para o bono familiar, 20 o infantil e 30 o individual.
Tamén haberá actividades de bibliopiscina, cursos de natación para nenos e nenas e para adultos os martes e xoves ás 16:00 horas e aquagym. A maiores, os nenos e nenas poderán anotarse nos obradoiros de pintura que impartirá Alejandro Ciurluini. Será os mércores ás 19:00 horas e as prazas son limitadas. O Goberno local programa ademais varias festas acuáticas con inchables. Para anotarse nas actividades, gratuítas, é imprescindible inscribirse nas instalacións das piscinas.
Obradoiro de baile de salón
O equipo de Goberno tamén organizou para o mes de xullo un obradoiro de baile de salón cuxa inscrición será de 10 euros. Celebrarase entre o 18 e o 28 de xullo, ambos inclusive, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.
|
|
|
|
|
|