SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CENTRO SOCIOCULTURAL DE SOBER ACOLLE O SÁBADO O CONCERTO DA ACORDEONISTA OLGA MORRAL BISBAL



O Centro Sociocultural do Concello de Sober acollerá este sábado día 4 de xuño ás 20:00 horas un concerto da reputada acordeonista Olga Morral Bisbal. Esta actividade, que será de balde para todos os asistentes, está organizada polo Concello do municipio soberino en colaboración coas Xuventudes Musicas de Sober e forma parte da Primavera Musical que organizan ambas entidades.
 
Morral deleitará aos asistentes con pezas de autores como W.A Mozart, Joseph Haydn, Keiko Harada, Tokio Hosokawa ou J.S Bach.
 
Olga Morral Bisbal naceu na localidade Cerdanyola del Vallès, en Barcelona, no ano 1992. Iniciou os seus estudos de acordeón aos 8 anos da man de Raquel Prat na Escuela de Música de Cerdanyola del Vallés e posteriormente estudou coa mestra Pilar Planavila. No 2015 finalizou o Grao Superior no Centro Superior de Música do País Vasco. Actualmente continúa a súa fomación na escola alemana Hochschule für de Würzburg.
 
Reputada acordeonista
Entre os seus galardóns destacan o Terceiro Premio no Certame Internacional de acordeón Arrasate Hiria no ano 2014 e ese mesmo ano gañou o primeiro premio no Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España na modalidade de acordeón.
 
O alcalde do municipio soberino, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a asistir a este recital.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com