|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER INICIA OS TRABALLOS DE DESBROCE EN CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL

O Goberno local do Concello de Sober inicia os traballos de desbroce en camiños de titularidade municipal. O rexedor, Luis Fernández Guitián, avanza que inicialmente está previsto realizar traballos de desbroce de accesos a núcleos e recursos turísticos. Seguidamente as tarefas levaranse a cabo nos accesos a viñedos.
Os traballos deron comezo en Bulso, Santiorxo e Pinol. A continuación faranse en Anllo Santo Estevo, San Martiño de Anllo, Bolmente e Barantes. Trátase dun cometido que os operarios municipais levarán a cabo nas 22 parroquias do Concello.
O alcalde explica que se esperou a que o tempo mellorara para poder levar a cabo a intervención nos camiños municipais. O obxectivo, explica, “é o de mellorar a seguridade viaria de vehículos e peóns, así como que se atopen no mellor estado de cada a tempada alta para que ter unha boa carta de presentación para todos e todas os que decidan visitarnos na época estival”.
|
|
|
|
|
|