SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A LUCENSE SILVIA JATO PREGOARÁ A XXXVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober vén de facer público o nome da persoa que se encargará de pronunciar o pregón da XXXVI Feira do Viño de Amandi, que este ano se celebrará os días 19 e 20 de marzo. A lucense Silvia Jato será a pregoeira deste ano, sucedendo no posto ao presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece a boa disposición da presentadora de televisión e modelo quen, asegura, quedou namorada da Ribeira Sacra e de Sober na presentación que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra fixo este ano en Fitur, un acto ao que a lucense se sumou.
 
O rexedor considera que unha persoa “tan coñecida e recoñecida” pola súa labor nos medios de comunicación, galegos e nacionais, “colaborará para que a nosa feira siga tendo toda a difusión que merece e os nosos viños sigan facendo as delicias dos padales máis selectos a nivel internacional”.
 
Presentación da Feira
O Goberno local do Concello de Sober fará a presentación dos actos da XXXVI Feira do Viño de Amandi o día 20 de febreiro ás doce do mediodía na contorna dos Muíños do Xabrega. Ese mesmo día dará a coñecer o cartel anunciador da feira, así como os actos que se englobarán no Mes do Amandi.
 
A inauguración oficial da feira, que se celebrará os días 19 e 20 de marzo, correrá a cargo de Adega Proencia en lembranza a seu fundador, Tomás Arias, falecido o ano pasado.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com