SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A SEGUNDA FASE DA ÁREA DE REHABILITACIÓN DE SOBER PREVÉ UN INVESTIMENTO DE 500.000 EUROS EN 30 VIVENDAS



O Goberno local do Concello de Sober asinara esta mesma semana co Ministerio de Fomento os convenios que posibilitarán que a segunda fase da área de rehabilitación integral (ARI) destine un investimento de 500.000 euros ao arranxo de 30 vivendas na totalidade do termo municipal. Na primeira fase o investimento foi similar e serviu para rehabilitar 23 construcións. O ARI de Sober é o único de Galicia que afecta a todo o Concello.
 
2º Fase del ARI de Sober (ata decembro de 2016):
Custo total das obras de Rehabilitación: 408.000 €
Custo total das obras de Reurbanización: 60.000 €
Custo total do Equipo Técnico de Xestión: 42.857,14 €
Custo total da actuación: 510.857,14 €
 
O Ministerio de Fomento destinará a esta fase a cantidade de 178.000,00 €, o que supón unha porcentaxe estimada do 35% do custo total das actuacións. Pola súa banda, o Concello de Sober achega a cantidade de 66.857,14 €, o que representa unha porcentaxe total estimada do 13,09%. Os particulares poñen 265.200,00 €, o 51,91% do custo total das obras.
 
O Goberno local prevé que se leven a cabo 30 actuacións de rehabilitación por importe de 408.000 euros. Desta cantidade o Ministerio de Fomento achega142.800 €. O Concello poderá facer actuacións de reurbanización cuantificadas en 60.000 euros, dos que o Ministerio achega 21.000 euros. Fomento destina ademais 15.000 € para a xestión da oficina do ARI.
 
Nesta segunda fase concederanse subvencións de ata 11.000 euros por vivenda, ata un máximo do 35% do orzamento. A presentación das solicitudes pode facerse no Concello ou na oficina de rehabilitación.
 
Resumo da 1º Fase do ARI de Sober:
 
Actuacións de Reurbanización. Custe total: 114.000 €. Fomento fixo unha achega de 34.200 euros e o IGVS 34.200 euros. Pola xestión do ARI Fomentou achegou 24.750 €.
 
Executáronse 23 obras de rehabilitación en vivendas que suman un custe total executado de 447.554,90 €, dos cales o Ministerio de Fomento achegou 113.604,19 € e o IGVS 82,142,44 €.
 
As parroquias onde se fixeron obras foron Sober, Canabal, Doade, Proendos, Figueiroá, San Martiño de Anllo, Gundivós, Rosende e Pinol.  Con respecto ás actuacións de infraestruturas e urbanización, o Concello executou a día de hoxe obras na Calle da Estación de Canabal e a praza de Doade cun investimento de 52.114,28 €, dos cales Fomento puxo 15.634,28 € e o IGVS 15.634,28 €. Están pendentes obras de reforma en prazas e espazos urbanos de Naz, A Pena de Proendos, Mer, Pinol e Rosende, cun investimento de máis de 70.000 euros. Son actuacións que se executarán antes de marzo de 2016.
 
Para a xestión da oficina do ARI Fomento destinou 24.750 €. Na primeira fase as subvencións para rehabilitación foron de ata 11.600 euros por vivenda, ata un máximo do 75% del presuposto.
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com