SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER AGRADECE A ALTA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE FOTOS DA VENDIMA



O Goberno local do Concello de Sober agradece a alta participación que se rexistrou no concurso de fotografías da vendima que se puxo en marcha en setembro a través do Facebook oficial. Máis de 100 persoas compartiron as súas imaxes a través da rede social.
 
Unha vez remataron os traballos en todas as adegas e tras o pertinente reconto de ‘Me gusta’ nas fotografías, o Goberno local dá a coñecer aos gañadores. O único criterio que se tivo en conta foi o número de persoas que votaron a cada imaxe a través do Me Gusta, de maneira que foron os propios seguidores do Facebook oficial do Concello de Sober os que decidiron qué fotos son as mellores.
 
Modalidade de fotografía convencional
Ana LR, con 261 gústame
Verónica Bao, con 246 gústame
Rosi Díaz, con 239 gústame
 
Modalidade de selfie
Emilio Xosé, con 292 gústame
Javi Chavián, con 249 gústame
Rosa Fernández, con 117 gústame
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, afirma que este concurso ten servido “como escaparate de todo o bo traballo que os nosos adegueiros fan para obter os mellores viños do mundo. Queremos que cada unha das imaxes sirva como unha homenaxe a todos e todas as traballadores que ano a ano participan nas duras tarefas da vendima no noso Concello”.
 
O Goberno local abre un prazo de catro días, ata o vindeiro martes, para comunicarse cos gañadores e por se houbera algunha reclamación. De seguido farase a entrega de premios. O primeiro de cada unha das categorías será obsequiado cunha cea no Restaurante Merenzao, de Cadeiras, o segundo cun lote de botellas de viño de Amandi e o terceiro cunha peza de olería de Gundivós.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com