|
 |
NOVAS |
FERNÁNDEZ GUITIÁN LAMENTA O FACELEMENTO DE GARCÍA ALÉN, O MAIOR ESTUDOSO DA ALFARERÍA GALEGA

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lamenta no seu nome e no de toda a Corporación e veciños e veciñas de Sober a morte do médico, investigador e profesor Luciano García Alén, o maior estudoso da alfarería galega.
O rexedor pon en valor, con motivo da súa morte, o seu traballo A olería tradicional de Gundivós.
Traxectoria
García Alén naceu en Seca de Mourente (Pontevedra) en 1928 e ao longo da súa traxectoria profesional ten recibido diversos galardóns, entre eles o Pedrón de Ouro en 2002, a Medalla Castelao en 2009 e a Medalla de Honra da Academia Médico Cirúrxica de Santiago.
En 1986, cun grupo de profesionais e empresarios, fundou e presidiu durante a súa primeira etapa o grupo de opinión Clube Nacionalista Alén Nós, tribuna pola que pasaron boa parte das personalidades da vida cultural e política galega, así como destacados personaxes de fóra de Galicia.
O alcalde de Sober, en representación do Concello, asistirá o luns ás 19:00 horas á misa polo seu eterno descanso na igrexa parroquial de San Fernando, en Compostela.
|
|
|
|
|
|