|
 |
NOVAS |
O GOBERNO LOCAL TRASLÁDALLE O PÉSAME Á FAMILIA DA AVOA DE SOBER

O Goberno local do Concello de Sober trasládalle o pésame á familia e amigos de Concepción Álvarez Vázquez, enterrada esta tarde aos 103 anos de idade. A veciña, natural de Neiras, era a avoa da localidade. Cumpría 104 anos en decembro.
Concepción Álvarez foi veciña de Casa Valexo, en Viloudriz, parroquia de Refoxo e esta tarde foi despedida pola súa familia, veciños e amigos.
Co falecemento desta veciña Sober conta agora con 8 centenarios, 7 mulleres e un home das parroquias de Gundivós, Doade, San Martiño de Anllo, Vilaescura, Rosende, Refoxo, Figueiroa e Bulso.
En 2016 outras 5 persoas cumprirán os 100 anos en Sober, 2 homes e tres mulleres.
|
|
|
|
|
|