|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER ARRANCA O MARTES A XIMNASIA DE MANTEMENTO NA CAPITALIDADE E NAS PARROQUIAS

O Goberno local do Concello de Sober arranca o martes a ximnasia de mantemento para maiores na capitalidade e nas parroquias. O éxito das anteriores edicións leva ao Goberno local a engadir unha nova parroquia, Figueroá, que se suma ás outras sete nas que xa desenvolveron as actividades os anos anteriores.
Desde o Concello infórmase de que calquera parroquia que o desexe pode formar parte da ximnasia de mantemento. Para que así sexa deben facer un grupo de un mínimo de 5 persoas e dende o Goberno local facilitaranse os monitores para o desenvolvemento das actividades.
As persoas interesadas en anotarse ou solicitar información poden dirixirse ao Centro Sociocultural ou ben chamar ao número de teléfono 982.46.05.13.
O horario das actividades será o seguinte:
Villaoscura, luns de 16:15 a 17:1 5 horas.
Anllo, luns de 17:30 a 18:30 horas.
Canabal, luns de 18:35 a 19:45 horas.
Sober, martes e xoves de 17:30 a 18:30 horas.
Doade, mércores de 16:15 a 17:15 horas.
Bolmente, mércores de 17:30 a 18:15 horas.
Figueroá, mércores de 18:30 a 19:15 horas.
Rosende, mércores de 19:30 horas a 20:30 horas.
Arxemil, xoves de 16:15 A 17:15 horas.
Tanto a ximnasia de mantemento como o uso de ximnasio municipal son actividades gratuítas que o Goberno local ofrece aos veciños e veciñas. O rexedor, Luis Fernández Guitián, anima a todos os soberinos e soberinas a sumarse a estas actividades colectivas “que contribúen a estar en forma e pasar unha tarde de diversión”.
|
|
|
|
|
|