SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER E A XUNTA ASINAN O CONVENIO PARA A APERTURA DUN VIAL ENTRE O COLEXIO E O CENTRO DE SAÚDE DESTE MUNICIPIO



A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, asinaron o convenio para a apertura dun vial entre o colexio público e o centro de saúde deste municipio lucense.
 
A Xunta de Galicia financia a totalidade desta actuación mediante a achega dun investimento de preto de 60.000 euros.
 
Este proxecto consistirá na apertura dunha vía de 110 metros de lonxitude e 12 metros de anchura, cunha calzada de 9 metros e dous carrís de 3,25 metros e dúas beirarrúas de 1,50 cada unha.
 
As obras centraranse na pavimentación con capa de rodadura e beirarrúas con pavimento de zahorra, así como na execución de canalizacións subterráneas para as futuras instalacións eléctricas.
 
Cómpre precisar que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sober prevé unha vía no contorno do colexio público, o centro médico e a residencia da terceira idade. A través desta vía darase acceso a unha parcela na que, unha vez urbanizada, se pretenden construír vivendas sociais.
 
En canto a obrigas, á Consellería de Medio Ambiente corresponderalle o financiamento da actuación e a execución das obras. O Concello de Sober deberá poñer a disposición os terreos necesarios, redactar os documentos técnicos que definan as obras a executar e recibir, explotar e conservar os traballos realizados.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com