|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER PROMOVE UN CONCURSO DE ‘SELFIES’ PARA A XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anuncia que o Goberno local organizará un concurso de selfies para a XXXV Feira do Viño de Amandi. O rexedor promove esta iniciativa despois do éxito que esta fin de semana tiveron as fotografías que se difundiron da presentación en Santiorxo da Feira e do Mes do Amandi. En concreto, a imaxe do cartel anunciador da Feira foi vista por máis de 15.100 persoas en tan só tres días (axuntamos datos). O cartel, elaborado pola monfortina Andrea Rodríguez, obtivo 268 Me Gusta e foi compartido por 182 perfís, entre os que están a páxina do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ou o Centro do Viño de Monforte.
Os selfies terán que facerse ao longo dous días que dura a XXXV Feira do Viño de Amandi, en calquera lugar de Sober, pero coa obriga de que garden relación coa temática da celebración. A persoa gañadora, que debe figurar na fotografía, levará un lote de viño de todas as adegas participantes.
Sorteo en Facebook
Ademais do concurso de selfies, nos vindeiros días o Concello de Sober lanzará un sorteo na rede social Facebook, a través da súa conta www.facebook.com/concello.desober, no que poderán participar todos e todas os seguidores desta páxina. A persoa que resulte agraciada levará como obsequio un lote de produtos de Amandi.
O alcalde de Sober agradece a implicación de todos os seguidores que o Concello ten no Facebook e no Twitter que coa súa interacción “axudan a que a feira traspase as nosas fronteiras e consiga repercusión en todo o mundo”.
Stand en Xantar
A partir de mañá e ata o 8 de marzo o Concello de Sober contará cun stand promocional da Feira do Viño de Amandi na mostra gastronómica Xantar, en Expourense. O día 8 estará dedicado a Sober, xornada na que haberá unha degustación de Viño de Amandi con galo de curral de Vila de Cruces.
|
|
|
|
|
|