SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO PARA PRESENTAR OFERTAS PARA EXPLOTAR O BAR DA ÁREA RECREATIVA DE CADEIRAS



O Goberno local do Concello de Sober vén de abrir o prazo para presentar ofertas para a concesión da explotación do bar da área recreativa de Cadeiras, en Pinol. Trátase, tal e como apunta o alcalde, Luis Fernández Guitián, dun lugar moi emblemático do turismo da Ribeira Sacra, próximo ao Canón do Sil e ao miradoiro de Cadeiras e con vistas ao santuario.
 
O contrato será anual e terá un custo de 120 euros sen IVE. O local conta con todos os servizos. O horario de apertura ao público será aproximadamente de luns a domingo de 12:00 a 20:00 horas.
 
Correrán a cargo do adxudicatario os gastos correntes derivados do funcionamento da actividade, como o consumo da electricidade, lixo e outros.
 
O prazo de presentación das solicitudes esténdese ata o luns 26 de agosto ás 14:00 horas.
 
Os interesados poden obter máis información no perfil do contratante da web institucional www.concellodesober.com ou no número 982 46 00 01. 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com