NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS

SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL:TRABALLADORA SOCIAL

CONVOCATORIA: Unha praza de Traballadora Social. (Para cubrir a baixa por maternidade da actual).
 
LISTA DE ADMITIDOS: PRAZA DE TRABALLADORA SOCIAL

Praza traballadora Social, de acordo coa convocatoria de data de 7 de febreiro de 2011, e o establecido nas bases xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal do Exmo concello de Sober, no ano 2011.
 
RESULTADO SELECCION PLAZA TRABAJADORA SOCIAL

Con data de 14 de febreiro de 2.011, reúnese ás 11:00 horas no Salón de Plenos Municipal, de conformidade coa composición determinada mediante a convocatoria do 7 de febreiro de 2011, Don Alejandro Fontela Pereira, Secretario-Interventor; Doña Beatriz Vivirido Quevedo, Orientadora Laboral e Don Carlos Losada Rodríguez, Técnico de Emprego.
 
SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

CONVOCATORIA: Unha praza de auxiliar administrativo. (Vinculado ó remanente da subvención aprobada a este concello destinada ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais para corporacións locais, convocatoria ano 2010. Orde do 19 de febreiro de 2010).
 
ACTA DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA

Con data de 18 de marzo de 2.011, reúnese ás 11:00 horas no Salón de Plenos Municipal, de conformidade coa composición determinada mediante a convocatoria do 8 de marzo de 2011, Don Alejandro Fontela Pereira, Secretario-Interventor; Doña Lidia Sánchez Váldes, traballadora Social e Don Carlos Losada Rodríguez, Técnico de Emprego.
 
11/07/2012 - LISTA DE ADMINITIDOS CONVOCATORIA SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

LISTA DE ADMITIDOS CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL
TEMPORAL 1 PRAZA DE ASISTENTE DOMICILIARIO A TEMPO PARCIAL (75% XORNADA)
 
07/06/2012 - SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

CONVOCATORIA: Unha praza de Conductor-Operador de maquinaria forestal con motor, en xeral. (Vinculado ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e o concello de Sober para a participación na prevención de incendios forestais mediante a realizacion de tratamentos preventivos ano 2012.
 
14/06/2012 - SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL CON MOTOR

Con data de 13 de xuño de 2.012, tras proceder a puntuar o examen e a avaliación dos méritos achegados e acreditados polo único aspirante presentado, en relación ó posto ofertado, e celebrada a entrevista persoal, asígnase a seguinte puntuación:
 
14/06/2012 - ADXUDICACIÓN: BAR-CAFETERÍA DA PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SOBER

Por Resolución de Alcaldía de data 12 de xuño de 2012, foi adxudicado o contrato administrativo especial para a explotación do “Bar-cafetería da piscina municipal do concello de Sober (verán 2012)”, publicándose a súa formalización aos efectos do previsto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundidio da lai de contratos do sector público.

 
SOBER AMPLIA E RENOVA OS CONTENEDORES DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO.

SOBER AMPLIA E RENOVA OS CONTENEDORES DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO. Para dar un mellor servizo a veciñanza, o Concello de Sober acaba de renovar o contenedor que habia para a recollida de aceite de cociña usado e de instalar un novo punto de recollida. Os novos depósitos son mais comodos para os usuarios xa que neles deberán depositar en botellas de plástico cerradas o aceite vexetal usado xerado nos seus fogares. poden depositarse os aceites no interior da propia botella. Os contenedores están instalados na renovada Praza do Toural e na Praza do Concello. Os novos contenedores, ademáis de estar adaptados para ser utilizados por personas con discapacidade, están especialmente deiseñados para impedir a extracción de residuos, evitando así derrames indeseados. Asimesmo, son metálicos no seu interior, o que asegura que sexan ignífugos, atopanse anclados ao chan para evitar danos por cortes ou similares. Ao mesmo tempo, nos establecementos de hostelería do concello estase a facer unha recollida domiciliaria do aceite usado. O Concello de Sober dispon de recollida de aceite de cociña usado dende o ano 2008, e dende esa data estiveron recollendose aproximadamente 350 litros de aceite anuais, que supuxeron nestas catro anos non haber contaminado un total de 1.500.000 litros de auga. Sober, 18 de Xullo de 2012