SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER SUPERA OS 6.000 SEGUIDORES NA REDE SOCIAL FACEBOOK



A páxina oficial que o Concello de Sober ten na rede social Facebook (https://www.facebook.com/concello.desober/) vén de superar os 6.000 seguidores, unha cifra que o Goberno local confía en seguir incrementando.
 
Para iso, o alcalde, Luis Fernández Guitián, anuncia novidades co obxectivo de “chegar aínda a máis xente”. O Goberno local contará desde principios de ano cun perfil na rede social Instagram co que conseguir repercusión non só local, senón tamén a nivel nacional e internacional.
 
“A través do Facebook todos os nosos veciños e veciñas e a xente de preto coñece o día a día do Concello e todas as actividades que temos para ofrecer, os avisos e a información que máis lles interesa, pero queremos ir un paso máis alá”, precisa. Son moitos os turistas que cada ano visitan a localidade “e queremos que tamén eles formen parte desta comunidade virtual cun perfil de Instagram que poña o foco nos nosos recursos e sexa unha fiestra ao mellor que Sober ten para ofrecer: cultura, gastronomía, viño e paisaxe, entre outros”.
 
Unha ampla información día a día
Fernández Guitián destaca que a páxina oficial do Facebook do Concello se ten convertido nun escaparate diario para toda a xente da localidade e dos arredores, así como para moitos outros veciños e veciñas “que nos seguen desde lonxe”. O Concello de Sober informa a través desta ferramenta da actividade do equipo de Goberno, así como de todas as noticias que poden resultar de interese, tales como axudas públicas, ofertas laborais, cursos, festas ou outros eventos que discorren na localidade.
 
Tamén se emprega para levar a cabo unha importante labor de promoción turística da Ribeira Sacra e dos seus encantos naturais, a través da publicación de fotografías da zona, así como para a difusión dos comerciantes e empresas locais que traballan en Sober, nomeadamente as relacionadas co viño e a hostalería.
 
“Queremos agradecer a colaboración de todos e todas os que fan posible que sexa un espazo vivo para a conversa e o intercambio de información case en tempo real”, resume o rexedor.
 
O Concello de Sober dispón ademais presenza nas redes sociais a través do Twitter (@concellodesober) onde xa alcanza os 1.628 seguidores. Tamén mantén activa e actualizada a web municipal www.concellodesober.com na que publica información de interese para todos os veciños e veciñas, así como para aqueles que deciden achegarse a á localidade de xeito virtual ou real.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com