SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
BOLSAS DE TEA CON RECLAMOS FEMININOS E DE IDENTIDADE NA CUARTA SESIÓN DO PROXECTO SOBERINO ‘REDES LILAS’



O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta actividade esta mesma semana. A programación feminista municipal, impulsada dende o departamento de Servicios Sociais polas traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal, apostou nesta ocasión por unha dinámica grupal de deseño de bolsas coñecidas como tote bags con frases, debuxos e símbolos relacionados co movemento feminista e a loita individual de cada muller.
 
O obxectivo tras a personalización do accesorio, proceso no que estivo pendente dos materiais e peticións das participantes a educadora social Selene Arias Sáez, é que cada muller poida estar acompañada nos diferentes eidos da vida diaria (rúa, traballo, espazos de ocio…) pola súa proclama persoal.
 
Ademais, a propia sesión, que tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Sober, permitiu que as mulleres sumasen á súa axenda semanal unhas horas dedicadas a elas mesmas, á súa creatividade e a compartir tempo con persoas do mesmo xénero pero diferentes idades, inquedanzas e contextos sociais.
 
Solidariedade entre mulleres
Na súa chegada ás instalacións, o grupo atopouse con slogans, frases de figuras célebres e ilustracións impresas para tomar como inspiración nas súas elaboracións. As bolsas de tea remataron decoradas a toda cor e con mensaxes como “Onde existiu o medo, hoxe berra a rabia”, “Este corpo é todo meu” ou as acepcións da palabra ‘sororidade’ (solidariedade entre mulleres).
 
O proxecto está a conseguir a súa función de rede de apoio feminina, sumando nesta última sesión participantes de concellos veciños e unha muller procedente de Xixón, que leva na zona un mes escaso.
 
Á conquista en común do eido artístico entre as mulleres de ‘Redes Lilas’ seguirana, no seu calendario de propostas, a do eido relacional e a do social e comunitario. O grupo feminista recorda que as mulleres que o desexen poden sumarse ás actividades, que promocionan dende a conta de Instagram @redes.lilas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com