SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
CARLOS VIDAL OFRECE O DOMINGO UN CONCERTO DE VIOLONCHELO EN SOBER



O músico Carlos Vidal ofrece o domingo día 14 un concerto de violenchelo en Sober no marco da ‘Primavera musical’ organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración do Concello. Será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.
 
O espectáculo
Ao longo do programa ‘O violoncelo ao longo do tempo’ explórase a vertente máis minimalista deste instrumento: as obras escritas para ser interpretadas por un solista, sen ningún tipo de acompañamento instrumental. A través da música de compositores de diversa época e procedencia, ofrécese ao espectador unha retrospectiva que pon en contexto a evolución deste repertorio a través dalgúns dos seus fitos históricos.
 
Carlos Vidal (Valencia, 2004) recibiu clases de violonchelo en Barcelona co profesor Iñaki Etxepare, e continuou os seus estudos de violonchelo entre Valencia e Madrid cos profesores Salvador Bolón, María Casado e Asier Polo. En 2020 obtén praza na Classe de Violoncelle de Jérôme Pernoo no CNSM de París.
 
Foi galardoado no Concurso Dotzauer (Dresden, Alemaña), o Concurso Internacional Johannes Brahms (Porstchach, Austria), o Concurso Mocidades Musicais de España, o Kodaly Competition (Debrecen, Hungría), ou o premio “Príncipe de Hesse” da Kronberg Academy.
 
Recibiu clases maxistrais de mestres como Peter Bruns, Claudio Bohórquez, Danjulo Ishizaka, Gary Hoffmann, Frank Helmerson, Julian Steckel e Xavier Gagnepain. e tamén tocou con mestres da talla de Alexander Kobrin, Marco Rizzi, Luca Ranieri ou Philipp Graffin.
 
Carlos toca cun violonchelo anónimo de 1808 chamado “Sweet” e un arco de Charles Nicolas Bazin fabricado en 1875.
 
Programa
 
Domenico Gabrielli: 7 Ricercare per violoncello solo
 
Johann Sebastian Bach: Suite nº1 BWV 1007
 
Giuseppe Dall’Abaco: 11 Capricci para violoncello solo
 
Aldredo Piatti: 12 Capricci para violoncello solo op.25
 
Gaspar Cassadó: Suite para violoncello solo
 
Györgi Ligeti: Sonata for cello solo
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com