SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O PROXECTO ‘REDES LILAS’ AVANZA CUN TENDAL DE IMPOSICIÓNS E PREXUÍZOS DE XÉNERO INSTALADO NO PARQUE DO CONCELLO DE SOBER



O proxecto do Concello de Sober ‘Redes Lilas’, posto en marcha polo departamento de Servicios Sociais municipal e as traballadoras sociais Ana de la Torre e Patricia González, vén de realizar a segunda actividade da súa programación feminista na Casa da Cultura do Concello de Sober. Arrancou coa actividade “Deconstruíndo para respirar”, un faladoiro no que todas as mulleres que se achegaron abordaron as dificultades vitais ás que se enfronta a figura feminina polos prexuízos e deberes socialmente asociados ao xénero.
 
As mulleres que participan na iniciativa do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ realizaron un faladoiro sobre as dificultades ás que se enfronta a figura feminina en diferentes eidos sociais. Como símbolo, remataron o encontro elaborando un tendal con obxectos simbólicos das súas reivindicacións.
 
A educadora social Selene Arias guiou a sesión, que arrancou indicando a visible variedade de perfís de idade e procedencia entre as participantes. Logo de propoñer quendas para que cada unha explicase o motivo da súa asistencia, esta pasou a ser unha conversa ao redor dunha merenda doce na que todas as voces abriron temáticas e aportaron percepcións sobre problemáticas como a obxectivización da muller no eido laboral, o reparto das tarefas domésticas ou a banalización da violación.
 
O peche da actividade, na que se mantivo o intercambio de vivencias, consistiu na creación dun tendal composto de obxectos representativos da desigualdade. Cada unha das asistentes trouxo o seu propio elemento e xustificación: máscara de pestanas para “sacar partido á mirada” e atopar parella, abano porque “só as mulleres e os homosexuais se abanan”, crema anticelulítica ou mandilóns. Entre estes, algunhas animáronse a escribir mensaxes ou lemas en luvas de plástico, como unha rapaza de 20 anos que puxo a tender, entre os outros obxectos, “o paternalismo dos meus compañeiros de clase”.
 
A maternidade e as responsabilidades asumidas pola muller na crianza foi outro dos asuntos especialmente analizados. Dende os grupos de WhatsApp con nais de escolares ata os coidados despois do divorcio, pasando pola lectura dun escrito propio dunha das participantes sobre o que é considerado “mala nai”, tamén incluído entre os elementos do tendal.
 
Os obxectos e verbas atópanse colgados no parque do Concello de Sober para darlles visibilidade. Esta é a primeira das accións programadas -todas financiadas polo Pacto Estado contra a Violencia de Xénero do Estado- que da un froito visible para os ollos alleos aos encontros de ‘Redes Lilas’, sempre abertos a recibir máis mulleres da zona que se queiran sumar a algunha das actividades, todas elas gratuítas.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com