SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER LANZA O PROXECTO ‘REDES LILAS. FEMINISMO DENDE O POBO E PARA O POBO’



O Concello de Sober lanza unha nova iniciativa coincidindo co Día Internacional da Muller, o proxecto ‘Redes Lilas. Feminismo desde o pobo e para o pobo’.
 
A proposta xorde no Concello de Sober da man das traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal, coa colaboración externa da educadora social Selene Arias Sáez.
 
Con ela, preténdese crear un espazo de mulleres, no cal, se leve a cabo de forma conxunta a reflexión e a reivindicación, executando actividades que fomenten o espertar, favorecendo, así, a loita feminista e a consecución dunha igualdade real entre mulleres e homes.
 
O proxecto consta de seis sesións que se desenvolverán, de forma espazada, nos meses de marzo, abril e maio. Para a participación no mesmo, totalmente gratuíta, é necesario anotarse, chamando ao 628055236 de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00, ou mediante o envío dun WhatsApp a este mesmo número en calquera franxa horaria. Non é preciso ser do Concello de Sober para formar parte das actividades.
 
Calendario con algunhas das accións previstas
8 de marzo - Día Internacional das Mulleres - Actividade ‘Mirando cara dentro’. Presentación do proxecto e sesión de achegamento á meditación, á autoescoita e aos movementos do ioga como ferramenta de empoderamento persoal, da man de May Baker Föhring.
 
Martes 26 de marzo - Actividade ‘Deconstruíndo para respirar. Compartir as similitudes e as dificultades do camiñar como forma de liberación e creación de redes.
 
Martes 9 de abril - Actividade ‘Sober non esquece’. Partamos da reflexión arredor da violencia que padecemos as mulleres e convertamos os espazos comunitarios en piares de cohesión e loita.
 
Martes 23 de abril - Actividade. ‘As mochilas pesan menos’. Abracemos libremente a nosa creatividade a través da creación de pezas únicas que falen por si mesmas.
 
Sábado 4 de maio - Actividade. ‘Nós trazamos o camiño’. Andaina feminista e “aquelarre” posterior nun miradoiro do Concello.
 
Sábado 25 de maio - Actividade. ‘Conquistando a rúa’. Elaboración conxunto dun mural no exterior, que dea conta do noso paso por este proxecto e que supoña máis que un final, un principio.
 
Desde o Concello de Sober fan un chamamento para que as mulleres se sumen a esta loita. “Requirimos de ti. Non o dubides!”.
 
Exposición Anhelos e Inmarcesibles
As exposicións Anhelos e Inmarcesibles seguen o seu percorrido. Anhelos estará ata o 1 de marzo no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, día no que haberá unha charla educativa na prisión.
 
Do 4 de marzo ao 1 de abril visitará o Concello de Sarria e do 2 de marzo ao 30 de marzo, o CIS da Coruña.
 
Inmarcesibles estará do 4 de marzo ao 18 de marzo no Concello de Coles. Desde ese día está libre, por se alguén ten interese en solicitala para visitar o seu Concello.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com