SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
EDUARDO PÉREZ BAAMONDE, GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA XLIV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLIV Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 22, 23 e 24 de marzo, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.
 
O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de diferentes puntos do Estado. Ademais dos orixinais de Sober, Monforte ou Chantada, tamén se recibiron carteis das outras tres provincias galegas. De fóra de Galicia, chegaron propostas de Murcia, Castellón, Madrid ou A Rioxa. O grupo máis numeroso chegou da propia Comunidade.
 
A proposta gañadora foi a titulada ‘Federica Faneca’ da autoría de Eduardo Pérez Baamonde, gañador do mesmo concurso no ano 2021. Resultaron finalistas os traballos de Fernando Mariño, do Incio; Sara Bernárdez, de Vigo; e José Luis Pulido, de Madrid.
 
Eduardo Pérez Baamonde é natural de Vilalba e exerce como profesor de Debuxo en Ensino Medio. Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade en diversos certames alcanzando varios premios e recoñecementos. Tamén destaca a súa actividade como ilustrador.
 
Biografía do gañador: https://www.pintoresgallegos.com/eduardopbaamonde/biografia.html
 
Premios
O gañador recibirá por vez primeira 700 euros, e unha peza de Gundivós personalizada, e o seu cartel será a imaxe da XLIV Feira do Viño de Amandi. Os finalistas recibirán tamén un diploma, un lote de viño de Amandi e os seus carteis estarán nun lugar destacado na exposición que se organice con todos os orixinais participantes no concurso.
 
Presentación do cartel
O deseño que anunciará a Feira do Viño de Amandi será presentado oficialmente o sábado 24 de febreiro na Capela da Barca, data na que se dará a coñecer a programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLIV Feira do viño de Amandi. Este ano por segunda vez consecutiva a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde.
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com