SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER SÚMASE AO PROGRAMA ‘INECO RURAL TIC’ PARA IMPULSAR O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DIXITAIS



O Concello de Sober vén de asinar un convenio coa Sociedad Mercantil Estatal Ingeniería y Economía del Transporte S.M.E. M.P., S.A., (Ineco) para o desenvolvemento do programa ‘Ineco Rural TIC’.
 
Trátase dunha ferramenta ao servizo da cidadanía que vive nos pobos e pequenos municipios de España, que ten como obxectivo utilizar a potencialidade que achegan as novas tecnoloxías para contribuír a visibilizar e dinamizar o medio rural, impulsando a súa dixitalización social (fomentando e apoiando o das novas tecnoloxías, con especial incidencia na poboación con máis idade) e a súa dixitalización económica (asesorando ao tecido empresarial a través da potenciación do seu posicionamento dixital).
 
Deste xeito, o Concello de Sober vai recibir labores de asesoramento dixital mediante a realización de talleres e accións formativas.
 
Ineco vai desprazar aos profesionais da compañía ao municipio do 19 de febreiro ao 1 de marzo para achegar e compartir o coñecemento que posúen os profesionais da compañía en materia de dixitalización cos habitantes do municipio.
 
O Goberno local comprométese a facilitar acceso á rede wifi con cobertura mínima de 4G, facilitando os espazos necesarios para o desenvolvemento destes, acordando cos profesionais de Ineco presentes no municipio os horarios e formato de convocatoria dos mesmos. Tamén se ocupa da estancia dos profesionais de Ineco asumindo o seu custo íntegro.
 
O Goberno local prevé achegar esta formación dixital ao persoal municipal, ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, á Escola de Hostalería, ás asociacións, á Escola Municipal de Música, así como a todos aqueles veciños e veciñas interesados en ampliar as súas competencias dixitais.
 
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com