SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
JAIME NAYA OFRECERÁ UN CONCERTO DE VIOLÍN O SÁBADO EN SOBER



O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais traen á localidade o concerto de violín de Jaime Naya. Será o sábado día 11 ás 19:30 horas no Centro Sociocultural con entrada libre.
 
Este recital tratará de ofrecer ao público un breve repaso pola historia do repertorio do violín só, pasando por diferentes épocas e estilos, e mostrando como en cada un deles fóronse explorando e experimentando paulatinamente as capacidades do instrumento. Así, presentaranse obras desde o Barroco ata o século XX, de grandes referentes para o repertorio violinístico: Bach, Paganini, Ysaÿe e Corigliano.
 
Jaime Naya, inicia os seus estudos musicais á idade de cinco anos na Escola de Alto Rendemento Fatkulin Academy, bolseiro pola Comunidade de Madrid, e paralelamente obtén o Título Profesional de Música na Especialidade de Violín con Premio Fin de Grao e Premio Especial de Música da CAM en 2013.
 
Desde o comezo da súa formación participou en numerosos cursos de perfeccionamento e recibe asiduamente masterclass de prestixiosos músicos nacionais e internacionais -Vadim Repin, Mihaela Martin, Kirill Troussov, Pavel Vernikov, Giorgi Dimchevski, Massimo Spadamo, Sergei Fatkulin, Mikhail Ovrutsky, Tatiana Samouil.  Recentemente finalizou os seus estudos no Centro Superior de Música Katarina Gurska, bolseiro nos cinco últimos anos tras obter o Primeiro Premio no Concurso ao Talento Musical da Fundación Katarina Gurska.
 
Desde os 10 anos cultivou numerosos premios dentro e fóra do noso país, entre os que destacan: Premiado en Mozarteum Sommerakademie 2022: Preisträger*innenkonzert (Salzburgo, 2022), Segundo Premio, Concurso Mocidades Musicais España, Corda (Madrid, 2022), Primeiro Premio, Leonid Kogan International Competition for Young Violinists 2020. Debuta no ano 2015 como solista no Auditorio Nacional acompañado pola Orquestra Sinfónica JMJ, onde tamén actuou en posteriores ocasións, a última delas en maio de 2021. Así mesmo, foi solista no Palau da Música de Barcelona, o ADDA de Alacante ou o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid.
 
Programa
 
Johann Sebastian Bach: Adagio de Sonata nº1 BWV 1001 / Chaconne  de Partita nº2 BWV 1004
 
Niccolò Paganini: Nel Cor Piú Non Mi Sento MS 44
 
Eugène Ysaÿe: Sonata nº3 op.27 / Sonata nº6 op.27
 
John Corigliano: Los caprichos del Violín Rojo
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com