SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INVISTE 140.000 EUROS NA MELLORA, AMPLIACIÓN E AUTOMATIZACIÓN DA REDE MUNICIPAL DE AUGAS



O Concello de Sober acomete este verán obras por importe de 140.000 euros para a mellora, ampliación e automatización da rede municipal de augas.

Os pasados días deron comezo as obras de tres proxectos. Dous deles realízanse ao abeiro de dúas axudas da Xunta de Galicia a través dunha achega de 100.000 euros; unha delas da Vicepresidencia Primeira e outra de Augas de Galicia.

A actuación vai consistir, por un lado, en melloras na rede municipal, na que se can cambiar dous tramos de tubaxe de fibrocemento (100 metros aproximadamente), substituiranse varias chaves de corte, vanse colocar redutores de presión e tamén se van mellorar varias arquetas.

No marco desta intervención está previsto ademais cambiar un tramo de 300 metros da rede no lugar de Telleiros.

Contadores electrónicos

Por outro lado, vanse colocar arredor de 20 contadores electrónicos de tramo en diversas zonas. O principal obxectivo desta intervención é detectar facilmente posibles fugas ou enganches ilegais á rede.

Son contadores de última xeración que miden o consumo de modo automático e pode detectarse ao instante unha fuga ou outra anomalía mediante avisos de alarma que recibe o persoal de mantemento no seu teléfono ou noutro dispositivo electrónico.

O terceiro dos proxectos é a ampliación da rede na parroquia de Anllo, unha actuación á que se van destinar 40.000 euros con cargo o Plan Único de 2023.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com