SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ACOLLERÁ O DÍA 3 DE SETEMBRO A ‘SANTA CRUZ BIKE 2023’



 
O Concello de Sober colabora con Biciracing e Club Ciclista Ribeira Sacra na celebración da marcha ciclista de bicicleta de montaña ‘Santa Cruz Bike 2023’ que se vai celebrar o día 3 de setembro. Tamén colaboran co evento a Comisión de Festas de Santa Cruz de Brosmos, Calambuco, Spiuk e Adega Don Bernardino.
 
A marcha, que non se celebra desde o ano 2015, percorrerá preto de 40 quilómetros polo Concello de Sober nunha ruta circular que partirá de Santa Cruz de Brosmos ás 09:30 horas. Tras un percorrido polo municipio, volverá ao mesmo punto de saída arredor das dúas e media da tarde.
 
Trátase dun circuíto pechado que atravesará zonas de viñas e espazos de gran valor paisaxístico. Habilitarse zona de limpeza de bicicletas, duchas e acampada.
 
Poden participar ata 150 persoas maiores de idade tras o pago das taxas, de 15 euros. Os menores de idade maiores de 15 anos deben poñerse en contacto coa organización para participar. As inscricións poden facerse a través do correo electrónico biciracing@gmail.com ou no teléfono 622 32 04 51.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita aos amantes das bicicletas a participar nesta marcha que na súa última edición cubriu todas as prazas e nas que poderás gozar “dunhas vistas únicas do noso Concello”.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com