|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DA XL FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

O Concello de Sober convoca o VI Certame de Debuxo Infantil da XL Feira do Viño de Amandi coa finalidade de difundir esta celebración a partir do debuxo gañador.
No certame poden participar todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre 6 e 12 anos dos centros de ensino da Comarca da Terra de Lemos.
Os debuxos deberán presentarse sobre cartulina, tamaño aproximado DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación: O cultivo da vide na Ribeira Sacra.
Cada autor presentará un único traballo acompañado dunha folla cos seus datos persoais.
Prazo de entrega
O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 18 de marzo, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.
O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame. O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.
Premio
Haberá un único premio valorado en 150 euros. Ademais concederase accésit de 50 euros ao mellor debuxo de cada colexio participante. A entrega dos premios terá lugar o día 16 de abril, no Centro Sociocultural de Sober ás 12:00 horas.
|
|
|
|
|
|