SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INAUGURA O CENTRO DE XOGO INFANTIL ‘A MARIOLA’



O Concello de Sober inaugurou hoxe o centro de xogo infantil ‘A Mariola’ emprazado na Praza do Pulpo da localidade.
 
O acto de inauguración estivo presidido polo alcalde, Luis Fernández Guiitán, e o xerente do GDR Ribeira Sacra-O Courel, Martín Alemparte. Neste primeiro día de funcionamento o centro contou ademais coa visita dos nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia de Sober, así como daqueles que quixeron achegarse.
 
A partir e hoxe ‘A Mariola’ será un centro de xogo no que celebrar festas de cumpreanos e outros eventos infantís.
 
Usuarios e familias poderán facer uso do centro de xogo de xeito gratuíto. Mañá venres, o sábado e o día 7 abrirá en horario de 11 a 13:00 horas para quen queira achegarse a estrealo.
 
Instalacións
O centro ten 90 metros cadrados e está equipado cunha área de xogo, un parque de bolas e múltiples xogos de mesa, entre outros. Tamén conta con cociña e con mesas para facer actividades ou para merendar. Tan ademais aseos, unha zona de recepción e unha sala de espera para os adultos.
 
O investimento realizado alcanza os 37.000 euros, cunha axuda do LEADER a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e outra achega do Concello.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima ás familias a achegarse a coñecer ‘A Mariola’, “un novo espazo de xogo no que os nenos e nenas poden entreterse e divertirse na localidade”.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com