SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER INCREMENTARÁ A SÚA OFERTA TURÍSTICA COA APERTURA DUN GLAMPING, UN ALOXAMENTO NA NATUREZA CON CABANAS DE MADEIRA SOBRE AS ÁRBORES



O Concello de Sober incrementará a súa oferta turística coa apertura dun glamping, un aloxamento na natureza formado por cinco cabanas de madeira sobre as árbores, que abrirá as súas portas en 2021. O concepto de Glamping, tamén coñecido como cámping de luxo ou con glamour, implica unha escapada á natureza nun aloxamento único.
 
O proxecto, que levará por nome ‘As Cabanas do Sil’, está promovido polo empresario local Rubén Vázquez, que acaba de empezar a traballar nesta iniciativa no lugar de Santa Marta, na parroquia de Barantes.
 
As cinco edificacións ecolóxicas serán construídas integramente en madeira e disporán de todas as comodidades; como cociña, jacuzzi e terraza. Tamén terán calefacción e aire acondicionado. A maiores, haberá un edificio dedicado á recepción e lavandería. Poderán hospedarse un máximo de 14 persoas ao día.
 
Cabanas ecolóxicas nun bosque autóctono
As cabanas estarán emprazadas nun bosque autóctono de carballos e castiñeiros centenarios moi próximo ao Canón do Sil. A súa construción farase respectando a paisaxe e a natureza e tratando de integrar as casas na contorna. A parcela sobre a que se asenta o proxecto conta con 12.000 metros cadrados de superficie.
 
O proxecto supón un orzamento de preto de 300.000 euros e posibilitará a creación de dous postos de traballo.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor este tipo de iniciativas que “ademais de ofrecer un novo servizo turístico contribúen a crear postos de traballo no rural e a combater o despoboamento”.
 
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com