SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
CINCUENTA MANDATARIOS LOCAIS PARTICIPAN EN SOBER NA XORNADA DE PACTO DOS ALCALDES POLO CLIMA E A ENERXÍA



O Centro Sociocultural de Sober albergou este martes 26 de novembro unha xornada de presentación e seguimento da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, organizada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coa colaboración do Concello de Sober.
 
O motivo da celebración deste evento foi o de proporcionar ao persoal técnico e político dos concellos, información de interese sobre que é o Pacto dos Alcaldes, os obxectivos a acadar e os compromisos que asume cada concello coa súa adhesión. Tamén se presentaron os avances da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento financiado pola Xunta de Galicia e coordinado dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, para asesorar aos Concellos na súa adhesión e na elaboración do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable- PACES. En Galicia 157 concellos forman parte do Pacto.
 
Intervencións
A quenda de intervencións comezou coa benvida por parte do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e do alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, aos preto de 50 representantes de diferentes concellos, moitos deles da zona do sur lucense.
 
O delegado territorial afirmou que a aprobación da estratexia de cambio climático 2050 “converte a Galicia nunha comunidade pioneira en España en dispoñer dunha folla de ruta para loitar contra o cambio climático. E para iso pedimos a vosa axuda e colaboración coa vontade de facer desta, unha causa de todos”, precisou. Balseiro dixo que “este é, posiblemente, o gran desafío que temos como sociedade, xunto ó reto demográfico”. “Todas as administracións debemos involucrarnos nun asunto no que a concienciación cidadá é maioritaria”, remarcou.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradeceu a boa acollida que tivo a xornada e o interese que espertou, así como o compromiso que trasladan os concellos con este reto e co Pacto ao que Sober foi un dos primeiros en sumarse.
 
A continuación, María Luz Macho Eiras, subdirectora Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, presentou o proceso de elaboración da Estratexia Galega de Cambio Climático 2050 e, do mesmo xeito, incidiu na necesidade de aliñar as políticas municipais coa Axenda 2030. Ademais destacou o compromiso da Xunta de Galicia cos concellos galegos e explicou os distintos mecanismos a través dos que a Xunta de Galicia presta apoio e asesoramento a través da Oficina Técnica do Pacto.
 
Por último, o Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente, Saúde e Promoción Industrial do Concello de Curtis, Antonio Ángel Fraga Sánchez, introduciu exemplos de como implicar á cidadanía nos compromisos do Pacto de Alcaldes.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com