SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
RAQUEL AREAL E KARLA MARTÍNEZ OFRECERÁN O SÁBADO EN SOBER UN CONCERTO DE VIOLÍN E PIANO



As músicas Raquel Areal e Karla Martínez ofrecerán o sábado un concerto de violín e piano en Sober. A actuación, aberta ao público, será ás 19:30 horas na Casa da Cultura e forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ organizado polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober.
 
O programa
>Sonata nº3 de J.Brahms para violín e piano
>Danza española “La vida Breve” de M.de Falla (arranxo de F.Kreisler)
———descanso de 5 min————
>Romanzas de Clara Schumann para violín e piano
>”Melodie” de P.Tchaikovski
>”Tzigane” de M.Ravel
 
Raquel Areal, violín
Naceu en Tui (España) en 1999, onde comezou os seus estudos musicais. En 2011 trasladouse a Portugal, onde proseguiu a súa formación en ARTAVE e na Escola Profíssional de Música de Espinho. Desde 2016 é alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Violín Telefónica co profesor Zakhar Bron e Yuri Volguin. Gañou o primeiro premio e premio revelación na XII e na XVI edicións Concurso Internacional “Cidade de Fundao” (2011 y 2015); premio único na III Mostra Internacional Eixo Atlántico e segundo premio no XXVI Concurso Nacional Prémio Jovens Músicos (2012); primeiro premio no XV Concurso Internacional Sta. Cecilia, premio “Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo” do LVII Curso Universitario Internacional de Música Española e primeiro premio na II e IV edicións do Concurso Internacional “Cidade de Vigo” (2013 y 2015); segundo premio na 89o edición do Concurso Juventudes Musicales de España (2018); segundo premio no Concurso Ciudad de Cuenca (2018) e primeiro premio no Lipinski & Wieniawski Violin International Competition (2018) entre outros. Actualmente forma parte do Cuarteto Óscar Esplà de Asisa, tutelado polo profesor Heime Müller, antigo compoñente do Cuarteto Artemis. Foron galardoadas co Premio EMCY (European Union of Music Competitions for Youth) no Concurso Juventudes Musicales de España, modalidade de Música de Cámara(2019).
 
Karla Martínez, piano
Nace na Habana-Cuba en 1988. Graduada con Diploma de Oro no Instituto Superior de Arte de Cuba e Máster de Interpretación Musical na Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid, onde estudou co lexendario pianista e profesor Dimitri Bashkirov e cos prestixiosos mestres Denis Lossev e en música de cámara Marta Gulyas. Tamén realizou estudos de postgrao musical e perfeccionamento no Liceu de Barcelona, co mestre Tensy Krismant. Igualmente fixo cursos de Intercambio na Academia de Música y Artes Dramáticas da Universidad de Gotemburgo (Suecia). Durante os seus estudos foi merecedora das becas da Fundación Carolina, MAEC-AECID e Fundación Albéniz.
 
É gañadora dos concursos María Clara Cullell de Costa Rica, Concurso de Piano Juventudes Musicales de Vilafranca del Penedés, Piano Cicle de Primavera de Barcelona. Foi premiada tamén nos concursos de piano Amadeo Roldán e Musicalia de Cuba e en música de cámara no Concurso L`Arjau y UNEAC. Recibiu de mans da Súa Maxestade a Raíña Sofía o diploma de alumno máis sobresaínte no departamento de música de cámara como integrante do Grupo Danzi.
 
Desde o pasado curso é profesora pianista repertorista do Centro Superior de Enseñanzas Superiores Musicales Katarina Gurska en Madrid e recentemente incorporouse tamén como repertorista á Escuela Superior de Música Reina Sofía.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com