SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ADHÍRESE AO PROXECTO ‘EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS’



O Concello de Sober vén de adherirse á campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias’ que se desenvolve con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o 25 de novembro.
 
O Goberno local comprométese, entre outras accións, a levar a cabo unha labor de difusión desta campaña nas dependencias municipais, así como nos centros de ensino, tanto na gardería, como no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e no tecido comercial da localidade. Poden verse tamén na Oficina de Turismo, no Centro de Saúde, na Biblioteca ou na Aula de informática baixo o slogan ‘Sober en negro’.
 
O obxectivo é desenvolver e xerar accións para a sensibilización e prevención da violencia de xénero na nosa sociedade. Trátase, segundo explica o rexedor, Luis Fernández Guitián, de facer a todo o mundo “partícipe da iniciativa para tomar conciencia da importancia de rematar con esta lacra que non cesa”.
 
En qué consiste a campaña?
É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo ou ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.
 
Dende o seu inicio buscouse implicar o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.
 
Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.
 
Para poder formar parte da campaña os concellos teñen que asinar un protoloco de colaboración que se pode consultar na seguinte ligazón:
https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/adhesion/concellos



 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com