SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A AULA DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS DO CONCELLO DE SOBER OFERTA NOVOS CURSOS PARA ADULTOS



A aula de informática e novas tecnoloxías do Concello de Sober ten xa aberta a matrícula dos cursos de formación para adultos para os vindeiros meses.
 
Os interesados e interesadas só teñen que pasarse polo Centro Sociocultural ou chamar ao número de teléfono 982 460 513 para pedir información ou anotarse. As clases son de balde.
 
O programa de formación dixital estenderase ata o mes de decembro e ofertará catro cursos:
 

  1. Configuración de teléfono móbil. Aprender a configurar o móbil, xestionar os contactos, descargas e aplicacións de utilidade para a vida cotiá.
  2. Iniciación á informática, internet e correo electrónico. Aprender a utilizar un ordenador persoal desde a base, iniciación e xestión dunha conta de correo.
  3. Libro electrónico, Galicia-Le, actividade en colaboración coa Biblioteca Municipal de Sober. Manexo da plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
  4. Sixpac, sistema de localización xeográfica de parcelas. Manexo do sistema e localización das parcelas.
 
O primeiro dos cursos, de iniciación ao teléfono móbil dará comezo o 22 de outubro. A aula de informática e novas tecnoloxías está aberta de luns a venres en horario de mañá, de dez a dúas e media. Os martes e o os venres tamén en horario de tarde, de dez a dúas e de catro a oito.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima aos veciños e veciñas a formar parte deste cursos de formación nos que xa participaron moitos soberinos e “que nos axudan a gañar competencias en materia de novas tecnoloxías, o que nos facilita a vida no día a día. Grazas a estes cursos podemos pedir citas médicas a través do móbil, facer xestións coas administracións ou descargar aplicacións con innumerables utilidades”, precisa.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com