SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA



A Escola Municipal de Música de Sober vén de abrir o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o día 26 de setembro.
 
As especialidades nas que poden anotarse increméntanse ano tras ano. Para este curso haberá frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, linguaxe musical e coro.
 
Tamén se impartirán ensinanzas de música e movemento a partir dos 3 anos, música para adultos e grupos instrumentais. O alumando poderá integrarse na Banda Infantil e tamén no Coro Berea, na súa sección infantil ou de maiores.
 
A presentación do curso e recollida de horarios será o sábado 28 de setembro ás 12:00 horas na Casa da Cultura.
 
Para obter máis información o Concello de Sober pon a disposición dos interesados os seguintes números de teléfono: 982 46 05 13 e 617 55 12 99.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a nenos e maiores a sumarse “á gran familia musical” que ten o Concello nun ano tan importante no que a Banda de Música de Sober celebra o seu 150 aniversario. “Queremos que siga cumprindo anos e para iso debemos ter a mellor canteira, a que se forma e sae da Escola Municipal de Música”, explica.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com