SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
AS FESTAS DO CARME DE SOBER ARRANCAN O VENRES DÍA 13 COA ACTUACIÓN DE LUCÍA PÉREZ E A RODA



O Concello de Sober colabora coas Festas do Carme que se van celebrar na capitalidade os días 13, 14, 15 e 16 de setembro, de venres a luns, festa local. A celebración arranca o venres día 13 cunha actuación do grupo A Roda e a cantante Lucía Pérez ás 23:00 horas na Praza do Concello.
 
O sábado o pasarrúas correrá a cargo de Rechouchíos de Taboada. Haberá misa solemne na Igrexa Nova á unha do mediodía e sesión vermú con Rechouchíos.
 
Ás 19:00 horas a Praza do Toural será o escenario para o encontro de dúas bandas militares: Unidade de Música do Terzo Norte da Armada de Ferrol e Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa da Coruña.
 
Ás 21:00 horas haberá baile coa Orquestra Canela e ás 24:00 horas actuación de Sr. Aliaga.
 
O domingo día 15 o pasarrúas correrá a cargo da Banda de Música de Sober. Ás 13:00 horas haberá procesión e misa solemne cantada polo Coro Berea. Ás 14:00 horas haberá concerto vermú coa Banda de Música de Sober.
 
Xa pola tarde, ás 19:00 horas será a quenda do espectáculo familiar Saaabor! e ás 21:30 horas baile e verbena coa Orquestra Suavecito.
 
O luns 16 de setembro, festa local en Sober, haberá misa solemne ás 13:30 horas na Igrexa Nova. A partir das 20:30 horas gran paellada xigante e gratuíta a cargo do mestre cociñeiro José Arias. O acompañamento musical correrá a cargo de Estrellas.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com