SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOLLERÁ O 21 DE SETEMBRO UNHA ETAPA DO RALLY RIBEIRA SACRA 2019



O Concello de Sober acollerá o vindeiro 21 de setembro unha das etapas do Rally Ribeira Sacra 2019. Vai ser a primeira vez que o rally, que este ano celebra a súa oitava edición, pise a provincia de Lugo, con tres pasadas polo Concello de Sober. O Goberno local encargarase de financiar esta etapa da proba.
 
A carreira, que organiza a escudería Luintra, é unha cita dos amantes do motor xa consolidada no calendario galego. Os organizadores agardan unha participación moi elevada, que prevén supere os 130 pilotos competindo de toda a xeografía española, entre eles o piloto local Diego Pérez.
 
A etapa de Sober será o 21 de setembro e faranse tres pasadas por un tramo que sae de Canaval por Pena Cabreira, Moradela, Moreda, Vilaescura, Rosende, Lama dos Campos e Millán, con final na Praza do Concello de Sober. Un total de 9 km de percorrido “rápido, bonito e seguro para os asistentes”, tal e como explican desde a organización.
 
As horas previstas de saída para a triplo pasada son as seguintes: 9:41, 13:50 e 17:59 horas.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, asegura que a proba será un reclamo para os amantes do motor e para o público en xeral que poderá desfrutar dunha competencia “ao máis alto nivel que ademais atravesará enclaves moi fermosos do noso municipio".
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com