SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER SUMARASE AO PROGRAMA ‘XANTAR NA CASA’ PARA PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES



O Goberno local do Concello de Sober presentou unha proposta ao último Pleno, aprobada por unanimidade, integrarse no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co obxectivo de formar parte dos concellos galegos que pertencen ao programa ‘Xantar na Casa’.
 
Unha vez adherido ao Consorcio, o Concello de Sober formalizará un convenio para dispor deste programa de comida a domicilio que busca facilitar e garantir unha alimentación de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores dependente ou en risco de exclusión para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa alimentación.
 
Tal e como explica o alcalde, Luis Fernández Guitián, a Xunta asume o 50% dos gasto, a través da Consellería de Política Social, o 25% o Concello e o outro 25% a persoa que se incorpora ao servizo. “É un dos compromisos que figuraban no programa electoral ao que lle imos dar cumprimento”.
 
O programa
O programa ‘Xantar na Casa’ é un servizo que consiste na subministración de comidas no propio domicilio das persoas usuarias.
 
Concíbese como un programa social de atención nutricional e está dirixido aos colectivos de persoas maiores e de persoas en situación de dependencia. Ten como finalidade e obxectivo fundamental o de prestar apoio no domicilio, a quen o precise e así o demande, mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios e usuarias.
 
Dende unha perspectiva integral, este servizo proporciona a posibilidade de complementar o servizo de axuda no fogar e de atender as necesidades relacionadas coa alimentación de persoas maiores e doutros colectivos ou usuarios que precisen do servizo. Ao mesmo tempo, con este servizo preténdese que os usuarios manteñan ao máximo a súa propia capacidade de independencia e autonomía, e que teñan a posibilidade de permanecer nos seus propios fogares cunhas condicións aceptables. En definitiva, búscase prestarlles máis atención e coidados ás persoas que o precisen no seu propio contorno, evitar o desarraigamento ou retardar posibles institucionalizacións. E, no eido familiar, preténdese contribuír no proceso de igualdade e de conciliación da vida familiar e laboral.

Destinatarios
Poderán formar parte deste programa:
• Persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade
de autonomía persoal e que non conten cunha rede de apoio que poida suplir tal situación.
• Persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requiran de axuda para a preparación de alimentos.
• Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do concello respectivo.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com