SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER RETRANSMITIRÁ EN DIRECTO O PRIMEIRO PLENO DO MANDATO A TRAVÉS DA SÚA CONTA OFICIAL DE FACEBOOK



O Concello de Sober volverá ser, por terceiro mandato consecutivo, o primeiro en constituír a súa Corporación de España. Así, o alcalde electo, Luis Fernández Guitián, convocou a sesión plenaria para as 00:00 horas do día 15, na noite do venres ao sábado.
 
O Goberno local aproveitará esta anécdota para volver ser o primeiro de España de todos os concellos que se van constituír o día 15 de xuño. Así, para chegar aínda a máis xente, o Concello de Sober retransmitirá en directo a primeira sesión plenaria e a toma de posesión da Corporación a través da súa conta oficial de Facebook: https://www.facebook.com/concello.desober/
 
Preténdese, tal e como explica o rexedor en funcións, que quen queira seguir o Pleno poida facelo, con independencia do lugar no que se atope, tan só accedendo á rede social Facebook. O Goberno local elixe esta rede para retransmitir a sesión plenaria na que conta con máis de 6.500 seguidores, aínda que tamén ofrecerá información a través de Twitter e Instagram, onde o Concello de Sober conta tamén con perfiles oficias.
 
A sesión tamén se poderá seguir desde o salón de plenos ata completar aforo.
 
A Corporación terá 8 concelleiros do PP, 2 de IG-Vivo e un do PSdeG-PSOE.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com