SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ABRE A INSCRICIÓN NO III CAMPAMENTO DE VERÁN ‘COÑECE O TEU CONCELLO’



O Goberno local de Sober vén de abrir o prazo de inscrición no III Campamento de Verán ‘Coñece o teu Concello’ que se desenvolverá na localidade durante o mes de xullo. Trátase dun programa lúdico e educativo pensado para nenos e nenas e composto por diferentes actividades que se levarán a cabo os martes, mércores e xoves en horario de 10:30 a 13:30 horas.
 
O Concello pretende por terceiro ano consecutivo achegar aos nenos e nenas as parroquias do municipio, as súas peculiaridades e os seus oficios característicos.
 
O Goberno local anima aos interesados a anotarse, posto que as prazas son limitadas. Nesta terceira edición do campamento de verán ofértanse 15 prazas. Pódese facer a inscrición para o mes completo ou por semanas, segundo os intereses de cada quen.
 
Os nenos e nenas deben ter unha idade comprendida entre os 4 e os 12 anos. Terán prioridade aquelas familias empadroadas no Concello de Sober.
 
A inscrición, gratuíta, estará aberta ata o vindeiro 21 de xuño. É preciso presentar a ficha de solicitude no rexistro xeral do Concello de Sober. As prazas cubriranse por estrita orde de presentación. Crearase ademais unha lista de agarda para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.
 
Poden obter máis información no Concello ou no teléfono 982 460 414.
 
O alcalde electo de Sober, Luis Fernández Guitián, reafirma o compromiso do seu Goberno coa conciliación familiar, polo que seguirán apostando por este tipo de actividades que, por un lado supoñen unha aprendizaxe e unha diversión para os nenos e nenas sobre o noso municipio e, por outro, axudan aos pais a compaxinar a vida laboral e a persoal.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com