O CONCELLO DE SOBER HABILITA PANEIS PARA O USO DA PROPAGANDA ELECTORAL NO RURAL
O Concello de Sober habilita paneis para o uso da propaganda electoral no rural que pon a disposición dos partidos que concorren aos vindeiros comicios xerais.
En concreto haberá dez puntos estratéxicos do Concello que contarán cun panel grande para a colocación da propaganda electoral co propósito de evitar que se faga un uso indebido dos espazos públicos que poidan deterioralos.
Haberá paneis habilitados en:
Doade
As Gándaras
Santa Marta
Campo de Bulso
Neiras
Canaval
A Lama dos Campos
Arxemil
E dous puntos da capital municipal.