SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER BOTA A ANDAR A CARAVANA DO AMANDI, UNHA OFICINA DE TURISMO AMBULANTE COA QUE PROMOCIONAR A XXXIX FEIRA DO VIÑO



O Concello de Sober botou a andar hoxe a Caravana do Amandi, unha oficina de turismo ambulante coa que promocionar a XXXIX Feira do Viño de Amandi que se vai celebrar na localidade os días 13 e 14 de abril.
 
A Caravana do Amandi foi presentada hoxe na localidade coincidindo coa feira e no marco das actividades que conforman o ‘Mes do Amandi’.
 
Está previsto que o día 8 de abril visite a localidade de Escairón, tamén no seu día de feira. Este ano a XXXIX Feira do Viño de Amandi está dedicada ao Concello do Saviñao, polo que o Goberno local de Sober decidiu que a primeira parada da Caravana do Amandi fóra de Sober se fixera neste municipio da Ribeira Sacra.
 
Tamén no mes de abril a Caravana do Amandi viaxará ata Lugo onde vai ser presentada a XXXIX Feira do Viño de Amandi, nun acto organizado en colaboración coa Delegación da Xunta de Galicia en Lugo e a Deputación Provincial.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que a intención “é levala a máis lugares, sobre todo vilas medianas ou cidades grandes” co obxectivo de promocionar a Feira do Viño de Amandi na edición deste ano e en sucesivas edicións.
 
Un escaparate dos viños de Amandi
A Caravana do Amandi, ademais de ser unha oficina de turismo ambulante é tamén unha viñoteca, posto que no seu interior almacena viños da denominación de orixe Ribeira Sacra da subzona de Amandi.

O seu exterior foi decorado con imaxes dos principais reclamos do Concello, como as festas, o patrimonio, os miradoiros ou a gastronomía. No seu interior incorpora unha especie de bodega e mobiliario para poder atender a quen se achegue na busca de información sobre o Concello.
 
Sempre que visite un lugar tamén contará con mesas e cadeiras no exterior nas que poder facer degustacións con viño.
 
Está previsto que a Caravana do Amandi participe en feiras e eventos relacionados co sector turístico e para servir de escaparate do Concello no que poder facer a presentación da Feira do Viño ou a degustación dos viños da subzona de Amandi.
 
A súa preparación correo a cargo de Sheila Pérez do Estudo de Deseño e Interiorismo ESPAZO NU.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com