SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
MIGUEL FRANQUEIRO TOCARÁ COMO TUBA SOLISTA COA ORQUESTRA NACIONAL DE ESPAÑA



O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro Becerra, tocará en Madrid coa ONE (Orquestra Nacional de España) a semana do 11 ao 16 de marzo dentro do ciclo de concertos de música e cine.
 
En concreto, interpretará diferentes bandas sonoras, como a de Tiburón, Drácula, Psicosis, Batman, Star Wars, Parque Jurásico, Código Da Vinci e Piratas del Caribe, entre outras.
 
A Orquestra Nacional de España ofrecerá tres concertos con este programa, os días 14, 15 e 16 de marzo nos que Franqueiro será o tuba solista.
 
Intensa actividade
O músico tocará a semana anterior coa Orquestra Sinfónica de Castela e León, despois de ter tocado no que vai de temporada coa coa Orquestra de Estremadura, coa Orquestra Sinfónica de Barcelona, coa Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, coa Orquesta de RTVE e coa Orquestra do Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
 
Miguel Franqueiro amosa a súa satisfacción por poder traballar “nas orquestras sinfónicas máis recoñecidas de España”, o que o consagra no panorama musical nacional. Tivo ademais unha invitación para colaborar cunha orquestra italiana de primeiro nivel, oferta que tivo que rexeitar polos seus compromisos xa pechados.
 
150 anos da Banda de Música de Sober
O director da Banda de Música de Sober traballa tamén xunto coa directiva e o Concello de Sober na programación que a formación e o Goberno local porán en marcha este ano con motivo do 150 aniversario do seu nacemento. “É un ano moi especial para a Banda de Música de Sober que contará cunha celebración acorde á súa historia na que prevemos a implicación non só dos músicos, senón de todo o Concello”, precisa.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com