|
|
NOVAS |
ALUMNOS DO IES O RIBEIRO DE RIBADAVIA REALIZAN PRÁCTICAS DE ENXERTO NA VIÑA EXPERIMENTAL DOS CHANCÍS
O alumnado do ciclo medio de Aceite de oliva e viño e do ciclo superior de Vitivinicultura do IES O Ribeiro de Ribadavia estivo hoxe na viña experimental propiedade do Concello de Sober, nos Chancís, onde realizan prácticas de enxerto nas viñas.
En concreto, 12 alumnos e alumnas e 3 mestres fixeron unha práctica de campo na viña, á que prevén volver o ano próximo para podar, previsiblemente no mes de febreiro.
Os mestres de ambos os ciclos destacan a importancia de facer prácticas sobre o terreo, para que poida coñecer os diferentes tipos de enxertos e aseguran que a finca dos Chancís “é extraordinaria para iso”.
Sosteñen que aos alumnos lles gusta moito desprazarse a Sober, posto que é unha finca moi boa para desenvolver a práctica e tamén polas extraordinarias vistas ao Canón do Sil.
|
|
|
|
|
|