SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER FINALIZA AS OBRAS DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS EN VILOUDIRZ, EN REFOXO



O Goberno local do Concello de Sober vén de finalizar as obras de saneamento e depuración de augas residuais en Viloudriz, (Refoxo). Os traballos levados a cabo pola empresa Leal y Villamor supuxeron un investimento de 75.000 euros con cargo ao Plan Único asinado entre a Deputación Provincial e os concellos da provincia.
 
Así mesmo, veñen de aprobarse os plans de seguridade e saúde dos proxectos de saneamento e depuración de augas residuais en Doade, Francos de Doade e Ferrón, Suairexa, Bolmente, O Piñeiro de Riba, en Bolmente. Está previsto que os traballos se inicien neste mes de febreiro.
 
Primeira ecolagoa da Ribeira Sacra en Francos de Doade
As obras que se van desenvolver en Francos de Doade contan un orzamento de 74.0000 euros e desenvolveranse cono cargo ao Plan Único de 2017. Os traballos que se van executar serán pioneiros na zona, xa que a depuración se vai levar a cabo a través da creación dunha ecolagoa, a primeira que se instala na Ribeira Sacra.
 
O obxectivo que se pretende con estes traballos é o do tratamento de augas unha vez son utilizadas para poder vertelas de novo ao medio sen causar danos ou reutilizalas noutro proceso. Así, vaise deseñar, construír e manter unha depuradora mediante unha lagoa ou humedal artificial destinada a todo tipo de procesos e augas.
 
Trátase dun sistema novidoso en España, pero que xa está implantado e moi testado noutros países desde hai 30 anos, como Inglaterra ou Francia. O proceso consiste en pasar a auga residual por unha zona húmida onde hai plantas que medran de forma natural, en concreto espadañas ou carrizos, que axudan co proceso de depuración. Tras este proceso a auga queda lista para verter ao dominio público hidráulico.
 
A zona húmida de Francos de Doade terá unha superficie de 5x8. As obras inclúen unha escavación para facer un vaso e protección, polo que a ecolagoa non producirá olores nin cría insectos. A estética é a dunha plantación (axúntase imaxe).
 
Este tipo de depuración ofrécelle ao Concello crear unha guía didáctica para escolares coa que explicar os beneficios dos humidais dentro do ecosistema.
 
Doade
No caso de Doade as obras contan cun orzamento de 140.000 euros e significan a primeira fase do saneamento integral do núcleo de Doade. Neste caso o Concello achega 90.000 euros de fondos propios. A contía restante, 50.000 euros, fináncianse con cargo ao Plan Único.
 
Bolmente
No caso de Bolmente os traballos son financiados por Augas de Galicia, contan cun orzamento de 400.000 euros e levarán a rede de saneamento aos lugares de Ferrón, Suairexa, Bolmente e O Piñeiro de Riba. Farase tamén a instalación de rede para a conexión de Cacedo e O Outeiro.
 
Con estes traballos de saneamento, que terán continuidade con novas redes noutros pobos nos seguintes meses, o Goberno local cumpre os seus compromisos coas necesidades veciñas e mediombientais.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com