|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER INICIA O SÁBADO O CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’, QUE ACHEGA Á LOCALIDADE 5 CONCERTOS
O Goberno local do Concello de Sober inicia o sábado, en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober, o ciclo ‘Música no Outono’, que achega á localidade cinco concertos. O primeiro deles terá lugar o sábado ás 20:00 horas a cargo do guitarra David Antigüedad.
O ciclo de concertos será o seguinte:
7 de outubro. David Antigüedad. Guitarra.
18 de Novembro. Susana Gómez. Piano
25 de novembro. Celebración de Santa Cecilia. Coa actuación do Coro Berea, O Trícole e outra agrupación musical.
2 de Decembro. Trio Ayren.
9 de Decembro. Airiños de Orbazay. Organizado polo 20 aniversario de O Trícole.
16 de Decembro. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música.
David Antigüedad Mangas é un guitarrista clásico nado en Salamanca en 1993. Comeza os estudos aos 8 años con Marcos Martín no Conservatorio Profesional de Salamanca, terminando con Premio Extraordinario aos 18 anos, cando accede ao Conservatorio Superior de Música de Castilla e León cos profesores Hugo Geller e Dimitri van Halderen. Dous aos máis tarde, obtén unha beca Erasmus e trasladase a Maastricht para estudar co guitarrista Carlo Marchione no Maastricht Conservatorium, onde obtén o título de Bachelor con distinción en 2015. Actualmente reside en Zaragoza, onde continúa a formación cos profesores Pedro Mateo e Àlex Garrobé e imparte clases de guitarra en distintas escolas de música.
Ao longo dos anos, David participou activamente en varios festivais e concursos, conseguindo premios como o 1er Premio na modalidade xuvenil do XII Concurso Internacional de guitarra José Tomás - Villa de Petrer (Alicante, 2013) ou máis recentemente o primeiro Premio no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (Sabadell, 2016). Ofreceu recitais como solista e de música de cámara en España, Países Baixos e Bélxica. Asiste a cursos e clases maxistrais con guitarristas da talla de Joaquín Clerch, Ricardo Gallén, Carles Trepat, Margarita Escarpa, Leo Brouwer, Raphaella Smits, Zoran Dukic, Judicaël Perroy e Miguel Trápaga, entre outros.
Ao marxe da música clásica, toca a guitarra eléctrica en diferentes xéneros e está interesado en diversos estilos musicais. Neste senso, aínda que de formación autodidacta, tamén recibe clases do guitarrista profesional e músico de estudio Juan Cerro, centrándose na técnica da guitarra eléctrica e no estudio do linguaxe moderno e jazz.
David toca unha guitarra do luthier Casimiro Lozano de 2011.
|
|
|
|
|
|