NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER AGRADÉCELLE Á XUNTA A LICITACIÓN DO CONTRATO PARA O ARRANXO DAS HUMIDADES DA IGREXA DE PINOL



O Goberno local do Concello de Sober agradécelle á Xunta de Galicia a licitación do contrato de obras de mellora das condicións de humidades da igrexa de San Vicente na parroquia de Pinol. O organismo autonómico vén de facer público hoxe este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, amosouse moi satisfeito pola  licitación destas actuacións por parte do Goberno autonómico “que amosa unha vez máis o seu compromiso con Sober e con todos os soberinos e soberinas”.

Guitián agradécelle boa disposición e o cumprimento do seu compromiso ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que visitaba o pasado mes o municipio “para comprobar ‘in situ’” o estado da igrexa e tamén anunciar o compromiso por parte da administración autonómica “cos traballos de mantemento e restauración pertinentes que hoxe vemos que son unha realidade”, precisa o rexedor.

Unha actuación moi necesaria
As actuacións teñen un prazo de execución de 5 meses e contan cun orzamento total de 185.544 euros. Ademais as obras son cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, quixo salientar a importancia da execución desta actuación de mantemento e restauración “dunha igrexa dun enorme valor patrimonial que data, de nada menos que finais do século XII”.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com