SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ARRANCA HOXE A XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MAIORES



O Goberno local do Concello de Sober arranca hoxe luns a ximnasia de mantemento para maiores que se levará a cabo no ximnasio municipal da capitalidade e nos Locais Sociais das distintas parroquias.
 
Así o avanzou ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen precisou que “é unha actividade que ten como obxectivo manter ou mellorar o estado físico dos participantes, pero tamén axuda a que os usuarios se sintan activos e ademais convértese nun punto de encontro e de relacións sociais”, engadiu.
 
As persoas interesadas en anotarse ou solicitar información poden dirixirse ao Centro Sociocultural.
 
O alcalde tamén avanzou que o ximnasio municipal de Sober tamén comeza a funcionar esta semana. O horario de apertura é os martes e os xoves de 17:30 horas a 20:30 horas. E precisou que “no mes de novembro ampliarase o horario de funcionamento”.
 
Guitián recordou que “as súas instalacións contan con dúas salas, unha para actividades múltiples e outra na que se atopa os aparatos de ximnasia como bancos de musculación, bicicletas estáticas, elípticas, cinta de correr, step...”
 
O rexedor apuntou que tanto a ximnasia de mantemento como o uso de ximnasio municipal son actividades gratuítas que o Goberno local ofrece a todos os veciños e veciñas”. O alcalde anima a todos os soberinos e soberinas a sumarse a estas actividades colectivas “que contribúen a estar en forma e pasar unha tarde de diversión”.
 
 
 
Horarios da Ximnasia de Mantemento
 
O horario das actividades será o seguinte:
 
Vilaescura, luns ás 16:00 horas.
Anllo, luns ás 17:00 horas.
Rosende, luns ás 18:00 horas
Canabal, luns ás 19:00 horas.
Sober, martes e xoves ás 17:30 e 17:00 horas, respectivamente.
Doade, mércores ás 16:00 horas.
Bolmente, mércores ás 17:00 horas.
Figueroá, mércores ás 18:00 horas.
Neiras, mércores ás 19:00 horas.
Arxemil, xoves ás 16:00 horas.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com