SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DA PRIMEIRA TRAVESÍA A NADO ‘LA HEROICA’ NOS CANÓNS DO SIL



O Goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración da primeira travesía a nado denominada ‘La Heroica” que se celebrará nos Canóns do Sil o sábado 13 de agosto. Trátase da primeira edición dunha proba que transcorrerá entre as inmediacións de Rabacallos e o embarcadoiro de Doade e participarán máis de 300 nadadores.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, amosouse “moi satisfeito” de que esta competición “transcorra polas augas do noso municipio”.  Salientou “a importancia de que se celebren este tipo de probas na localidade, xa que levará consigo a congregación de centenares de persoas no noso Concello”.
 
Guitián precisou que a competición está organizada pola Asociación deportiva cultural FeFeMe, Championchipnorte, a dirección técnica de Fernando Timiraos (nadador e Presidente do Clube de Natación Portamiñá) en colaboración con outras moitas entidades e celebrarase en horario de 14:00 a 21:00 horas.
 
O alcalde salientou, ademais, o significado desta proba que leva o nome de ‘La Heroica’ “co fin de “promocionar a nosa comarca e enxalzar a denominación que se lle dá á recolección da uva nesta zona”.
 
10.000 metros de percorrido
 O rexedor soberino avanzou que a travesía constará dunha proba na que os nadadores profesionais terán que percorrer unha distancia de 10.000 metros a nado.Guitián avanzou que xa se conta “coa inscrición da nadadora olímpica Beatriz Gómez Cortés”.
 
A competición terá tamén dúas probas menores de 5.000 e 2.500 metros ademais dunha de promoción de 600 metros.
 
O alcalde salientou que “o obxectivo desta travesía é o de congregar a máis de 300 nadadores que poderán desfrutar da natación nas nosas augas e estarán acompañados do incomparable entorno paradisíaco dos Canóns do Sil”.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com