|
|
NOVAS |
A PARROQUIA DE NEIRAS CELEBRA A SÚA FESTA NA HONRA A SAN SALVADOR
O goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas parroquiais de Neira na honra a San Salvador que se levarán a cabo do 6 ao 8 de agosto.
A festividade dará comezo o sábado, día 6, pola mañá coa animación dun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas. En torno ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne con procesión na igrexa parroquial de Neiras. Xa pola noite a verbena comezará a partir das 21:00 horas e estará amenizada pola agrupación musical Areito e o concerto de Gin Toni’s.
O domingo, día 7, a xornada festiva comezará coa celebración dunha misa solemne ás 13:30 horas. Pola noite a verbena correrá a cargo da orquestra Nueva Imagen.
O luns, día 8, celebrarase unha pancetada popular para todos os veciños e veciñas para poñer punto e final ás festas.
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta festividade, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días.
|
|
|
|
|
|