SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INCORPORA FESTAS ACUÁTICAS NOCTURNAS Á SÚA OFERTA DE OCIO PARA O VERÁN



O Goberno local do Concello de Sober incorpora novas actividades na súa ampla oferta de ocio para este verán. As instalacións das piscinas municipais acollerán festas acuáticas nocturnas para todos os públicos e festas con inchables para os nenos e nenas da Comarca.
 
Os días 27 de xullo e 9 de agosto celebraranse as primeiras festas acuáticas nocturnas do municipio que se iniciaran as 22:30 horas e se prolongarán ata as ben entradas as 2:30 horas da madrugada. Amais de permitirse o baño en horario nocturno estas festas contarán con animación musical e co servizo de bar que ofrecen as instalacións.
 
O alcalde do concello soberino, Luis Fernández Guitián, sinalou que a festividade pretende “que os veciños e veciñas desfruten da nosa piscina tamén nestas fermosas noites de verán”. Guitián precisou que “será totalmente gratuíta para todos os asistentes e contará coa presenza de dous socorristas”.
 
Os días 22 de xullo e 11 de agosto as instalacións das piscinas municipais acollerán as tradicionais festas con inchables que xa se celebraron en anos anteriores. Estas xornadas, destinadas aos máis pequenos, iniciaranse as 13:00 horas e finalizarán as 21:00 horas.
 
O alcalde apuntou que “estas iniciativas que puxemos en marcha son un incentivo máis para que os veciños e veciñas se acheguen a divertirse ás instalacións das nosas piscinas”.
 
Amplo programa de actividades
 
O rexedor salientou que “o Concello de Sober conta este ano cun amplo programa de ocio nas instalacións da piscina municipal”. E avanzou que “ademais destas actividades, contaremos con diversas sesións de contacontos os días 28 de xullo, 4 de agosto, 10 de agosto e 18 de agosto”.
 
Guitián recordou que “tamén temos dispoñible todos os días a bibliopiscina; os cursos de natación para nenos e adultos, os martes e xoves; o aquagym, os mércores e venres; e un obradoiro de pintura para os pequenos da familia todos mércores”.
 
O alcalde animou “a todos os veciños e veciñas do municipio soberino así como aos do resto da comarca a participar destas actividades coas que pasar un anaco agradable e desfrutar do verán”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com