SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
OS ALUMNOS MÁIS NOVOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE SOBER REPRESENTAN MAÑÁ ‘SIRA E O ROBOT’



Os alumnos e alumnas que forman parte da Escola Municipal de Teatro Infantil de Sober representan mañá, para pórlle remate ao curso, a obra Sira e o robot: Adventures on Titan. A representación terá lugar ás 17:30 horas no Centro Sociocultural. Os nenos e nenas que forman parte do grupo interpretarán esta peza en galego e inglés.
 
Sinopse
Galicia, ano 2.050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial, xunto co galego. Sira, unha rapaza de dez anos aburrida da vida terrestre, descubre a existencia dun planeta idílico: Titán, onde nunca chove e todo o mundo vive feliz. En compañía do seu robot, William, comezará unha aventura con destino á sexta lúa de Saturno.
 
A obra é de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira (Edicións xerais, 2015). A dirección e adaptación correu a cargo de Eva F. Ferreira.
 
Elenco
BRAIS, como David, Voz en chinés, Rapaz do tambor e Xurado 2.
EVA, como Nena, Voz en francés, Rapaza do tambor e Xurado 1.
HÉCTOR, como Pai e Avó de Sira.
HERBERT, como William, o robot. 
JAZMÍN, como Profesora e Presentadora 2.
LAURA, como Nai e Avoa de Sira.
MELINDA, como Laura, Voz en portugués e Presentadora 1.
UXÍA, como Sira. 
 
A responsable da Escola Municipal de Teatro de Sober agradece ás familias do alumnado e ao persoal do Centro Sociocultural a súa colaboración. Tamén convida ao público a participar na representación. Está previsto que o grupo formado por adultos faga tamén unha representación. Será este sábado día 25 ás 20:30 horas.
 
Neste primeiro ano de actividade a Escola Municipal de Teatro de Sober contou coa participación de preto de 20 alumnos, entre nenos e maiores.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com